22 de abril de 2024

Un percorrido polo tabú menstrual

   

A xornalista, divulgadora científica e sexóloga Laura Veiga falará do tabú menstrual el venres 26 de abril, ás 20:30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

O 26 de abril volvemos cunha nova charla escéptica na que a xornalista, divulgadora científica e sexóloga Laura Veiga (@pingando.gal) falaranos do tabú menstrual na súa charla «Un percorrido polo tabú menstrual»

Un percorrido polo tabú menstrual é un intento de análise dos factores que inflúen neste tabú, recollendo perspectivas históricas, relixiosas, artísticas e demais ata chegar a (preocupante) situación actual no que respecta á educación menstrual e o seu poder reivindicativo. Laura Veiga é xornalista, divulgadora científica e sexóloga. Ademais de colaborar en diversos medios de comunicación, leva desde finais de 2020 divulgando a través das redes sociais co seu proxecto @pingando.gal así como en colexios, asociacións e universidades, co obxectivo de derrubar mitos e tabúes.Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Sobre Escépticos no Pub Compostela

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.







Ler máis...
18 de marzo de 2024

Por que pican algúns pementos de Padrón?

  

O profesor, divulgador científico e investigador posdoutoral Ángel Vidal Vidal falará el venres 22 de marzo, ás 20 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

O 22 de marzo temos unha nova charla escéptica con Ángel Vidal Vidalprofesor, divulgador científico e investigador posdoutoral Margarita Salgas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falará da pementos de Padrón na súa charla "Por que pican algúns pementos de Padrón?".

Cando pensamos en Galicia, pensamos en hospitalidade, en verde e por suposto, en gastronomía. Ao longo de tódolo territorio existen moitos produtos que nos definen: cocido, marisco, queixo e por suposto os pementos de Padrón. Ou son de Herbón? Son o mesmo? 

Durante esta charla, abordarase a orixe deste manxar ao mesmo tempo que nos mergullaremos no excitante mundo da ciencia do picante para descubrir o lado máis ardente da vida. Dende as culturas que abranguen o picante como un piar da súa gastronomía, ata os efectos emocionantes que ten no noso cerebro, buscaremos dar resposta a distintas incógnitas: Por que pican os pementos de padrón? Pican só ós humanos? Que relación ten o picante coa dopaxe? Como de efectivos son os métodos populares para desfacerse desa ardente sensación? E o máis importante de todo, pódese saber se un pemento vai picar ou non antes de comelo? 

Todo isto e moito máis na charla “Por que pican algúns pementos de Padrón?”. 

Estás preparado para embarcarte nunha viaxe chea de paixón, humor e picante?

Ángel Vidal Vidal é profesor, divulgador científico e investigador posdoutoral Margarita Salgas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Durante anos participou en numerosas actividades de divulgación como o Tour do Talento da Fundación Princesa de Xirona, a Noite Europea dos Investigadores, o Culturgal ou a OpenScience de Cambre entre outras. A través de diferentes charlas e talleres sempre buscou achegar a ciencia química a todos os colectivos e idades, labores que lle valeron varias distincións como o primeiro premio do prestixioso certame Ciencia en Acción na modalidade de experimentos de química. É membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica e percorre o país mostrando a ciencia oculta de cousas tan cotiás como o polbo a feira ou os pementos de Padrón.

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.





Ler máis...
6 de febreiro de 2024

O negocio da mentira

 

O especialista en desinformación digital y director de Pandemia Digital falará el venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

O 23 de febreiro temos unha nova charla escéptica con @JulianMaciasT, especialista en desinformación dixital e director de @PandemiaDigitaI, que nos falará da desinformación na súa charla "O negocio da mentira".

As noticias falsas compártense 6 veces máis rápido que as noticias reais. Isto é real, pero non depende da veracidade senón da construción dun relato que xere emocións no receptor acorde aos seus prexuízos. A outra clave é a total impunidade ao mentir ou manipular intencionadamente, converténdose nunha práctica usada de maneira industrial en ámbitos, sobre todo na política.

Director de Pandemia Digital. Observatorio contra a desinformación. Especialista en análise de conversas dixitais e campañas de desinformación e actividade non auténtica en redes sociais. Analizando os ataques dixitais á democracia desde o golpe de estado en Bolivia, onde descubrín máis de 100.000 contas falsas creadas nunha semana para apoiar o devandito golpe.

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.




Ler máis...
22 de xaneiro de 2024

Andrés Rodríguez falaranos da situación actual de contaminación por microplásticos no ciclo Escépticos no Pub Compostela

O investigador falará este venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

Os plásticos convertéronse nun elemento indispensable nas nosas vidas. Salváronos na pandemia, usámolos para vestir, etc pero tamén estánse a converter nun residuo que se incrementa cada ano e que xa se acada todos os ecosistemas do mundo. Só agora é que estamos comezando a percebir o seu verdadeiro impacto.

Andrés Rodríguez Seijo (@andresrguez en X/Twitter) é investigador Juan de la Cierva Incorporación na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Desde 2017 tenta estudar o impacto dos microplásticos nos ecosistemas terrestres, tanto nas propiedades fisicoquímicas como na biota. Actualmente está desenvolvendo o seu traballo na avaliación dos impactos antrópicos sobre a biodiversidade do solo.

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.



Ler máis...
17 de novembro de 2023

Manuel Gago analiza os mitos da historia de Galicia no ciclo Escépticos no Pub Compostela

O xornalista e divulgador falará este venres 24 de novembro, ás 20.30 horas, no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) 

O ciclo de charlas divulgativas Escépticos no Pub Compostela celebra este venres 24 de novembro a segunda cita do presente curso. O xornalista Manuel Gago, unha das máis relevantes figuras da divulgación do patrimonio cultural en Galicia, falará sobre Mitos, lendas e trolas modernas sobre a historia de Galicia e como recoñecelas. A cita será ás 20.30 horas no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17), e a entrada é gratuíta e aberta a todo o público ata completar capacidade. 

Segundo explica Gago, “o pasado está sempre en construción; o xeito no que o pensamos, ou mesmo nolo inventamos, di máis de nós que do propio pasado, porque reflicte os intereses, conflictos e debates do presente”. 

O ponente explica que “esta charla pretende explorar onde nacen moitas das historias populares que teñen máis éxito entre a poboación, a súa relación máis ou menos distante cos feitos históricos e, sobre todo, os peculiares, singulares e abraiantes camiños cos que conseguiron facerse moi famosas no presente”. 

Manuel Gago (@magago en X/Twitter) é xornalista, divulgador, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega. 

Sobre Escépticos no Pub Compostela 

Santiago foi a segunda cidade de España na que se iniciaron estas charlas nos bares. Comenzaron no ano 2010, e desde entón pasaron por este ciclo, que xa suma case 70 sesións, figuras relevantes como o biólogo Juan Ignacio Pérez, a matemática Clara Grima ou a psicóloga e sexóloga Laura Morán. En 2023, o ciclo inaugurouse coa sesión da divulgadora Ana J. Cáceres (@mylestring), Todo o que deberías preguntar sobre os zoos. Para este curso están previstas sete charlas, que terán lugar no último venres de cada mes.



 

Ler máis...
Con tecnoloxía de Blogger.

Recibe as novas charlas por email!


Correo electrónico: